lunes, 16 de mayo de 2011

a miña primeira escena de sexo no cine

miña nai di que a miña vida é moi emocionante pero que non sabe se ela podería aturala. eu as veces tampouco podo. sonche demasiadas esperas, imprecisións, proxectos que non saen pero recoñezo que cando teño traballo son feliz. gústame chegar a casa e ler o guión, currar os personaxes e pensar como me gustaría que foran. paso horas imaxinando as situacións durante eses días e nas cervexas cos amigos quedo flipada soñando ou repetindo as frases do texto. disfruto moito debuxando o resultado pero o divertido de verdade chega nos ensaios, dándolle vida cos outros actores, probando diferentes cousas e nas rodaxes vendo o "backstage", cando, por exemplo, gravamos 5 nun camarote sen espazo: herr direktor, o dire de foto, o sonidista, o actor sobre unhas alzas e máis eu tirada na cama mentres ana, a xefa de maquillaxe, coloca ben o pelo e bótame enriba a suor ficticia. o prota pregúntame se pode collerme os muslos para empuxar mellor i eu conto ese "chiste" (de engadirlle aos refráns divididos "baixo as sábanas" e "entre as pernas") para romper o xeo na que será a primeira escena de sexo da miña carreira! non se ve nada, non se toca nada, todo é finxido pero é incrible que semelle verdade. logo o striptease: levar dúas bragas e simular que quito unha que xa está fóra de plano... o mellor era que no guión eu só lira na sec. 14 cara de crispación de Chusa (ese é o nome do meu personaxe) e na sec. 27 imaxes da noite pero cando me recolleu Ortiz, de producción, na estación da Coruña e amosoume que no plan viña "Sexo con Chusa" a cara de crispación saiu no coche claro! e trá-la metamorfose no personaxe (vestiario, maquillaxe, perruquería e tatuaxe) e chegar ao peirao gravamos a escena nós: tivemos que manexar a cámara, unha desas canon hd5 polas que devezo, e rodar no solpor coma se fora o mencer... quen me dera ver á miña nai nunha situación coma esa! e volver ver a súa cara cando mirou a tatuaxe!

1 comentario:

Unknown dijo...

Sempre che é mellor intuír e mirar de esguello aquilo que nos seduce as neuronas e estas póñense parvas e fálanse unha ás outras e contan os soños que agachan a verdade das cousas que non dicimos e palleamos mentalmente...
Probamos, menina? he, he, he.
Biquiños dende As Rías Baixas.